Saltar al contenido

Concepción Arenal

O 31 de xaneiro de 1820, naceu nunha modesta casa de Ferrol Vello a escritora Concepción Arenal. Foi a primeira muller en acceder á Universidade española e segue a ser actualidade pola súa rexa defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres.
A ilustre penalista ferrolán Concepción Arenal viviu na parróquia de Leiro en Miño entre 1823 e 1829. Foron seis anos nos que o seu pai, o militar liberal Angel del Arenal, permaneceu alí escondido nunha casa para fuxir da represión absolutista. A familia de Concepción Arenal viviu eses 6 anos na vivenda coñecida como a casa de Faustina. Os máis maiores de Leiro lembran que á familia lle chamaban os do “ministro”, porque alí “residira un alto cargo do goberno”.

Angel del Arenal morre en 1829 e o enterran na capela maior da igrexa parroquial do Divino Salvador de Leiro. Dias antes fixera o seu testamento, contando como testigos cos veciños José Diaz, Francisco Dominguez e Juan José Lores. A familia Dominguez acollera a Concepción Arenal, ainda nena quen logo adicará fermosos poemas ao seu pai. Segundo Mario Valdivieso, autor do libro Angel del Arenal e o Ferrol da Ilustración (Ferrol 2002. Centro Ártabro de Estudios), naqueles anos de residencia en Miño, Concepción Arenal, “estaba a sentir e padecer, sen dúbida, naquela nacente sensibilidade infantil as dificilmente disimulables amarguras paternas. Evidénciase tal circunstancia dándolle pousada lectura a unha sentida poesía que a insigne muller dedica á memoria do seu pai quince anos despois”.

Angel del Arenal falece en Leiro o 25 de xaneiro de 1829 e a familia marchará entón desta terra.

Concepción adicou á súa vida á loita contra as inxustizas e a prol da reforma social. Defendeu os dereitos das mulleres e propugnou unha reforma penitenciaria, fundada no amor ao delincuente, unha persoa, un enfermo que necesita máis a curación que o castigo. Pretende crear unha nova conciencia social en favor do delincuente. Concepción Arenal vai morrer en Vigo en 1893.

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: